AXUDAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA
Convocatoria de 36 axudas de creación artística de até 5.000 euros para artistas individuais empadroadas/os na Coruña, co obxectivo de fomentar a actividade creadora na cidade. Trátase de facilitar a promoción das artes plásticas, audiovisuais, escénicas, a literatura, o deseño, o cómic e a ilustración e a difusión da súa obra profesional mediante axuda a proxectos que se desenvolverán durante o ano 2020.
– O prazo de presentación de solicitudes finalizou –
BENEFICIARIOS
As persoas maiores de idade empadroadas na Coruña desde polo menos fai 2 anos.
Modalidades das axudas
Proxectos realizados na cidade da Coruña e/ou relacionados coa cidade nas seguintes modalidades:
- Deseño de proxectos artísticos con liberdade técnica e mais de formato.
- Produción de proxectos artísticos.
- Realización de proxectos artísticos vinculados á mobilidade das e dos creadores ou á súa obra para participar en xiras, festivais, exposicións ou residencias, a condición de que non teñan por obxecto cursar estudos regrados ou a obtención dalgunha titulación académica e sexan fóra da Comunidade Autónoma de residencia, en ámbito nacional ou internacional.
- Proxectos de investigación e creación musical
- Calquera combinación das anteriores modalidades que se referir a un único proxecto.
Só se poderá realizar unha solicitude por persoa para un único proxecto.
Criterios de valoración
- Calidade do proxecto de acordo coa creatividade e innovación do dito proxecto: até 8 puntos
- Proxectos relacionados coa cidade da Coruña, a súa cultura, a súa identidade, os seus espazos públicos, a súa tradición, os seus fitos, as e os seus personaxes, o seu ecosistema natural e urbano: até 4 puntos
- Creación artística previa: até 2,5 puntos
- Claridade expositiva, proporcionalidade entre o orzamento e o obxecto do proxecto: até 2 puntos
- Plan de difusión do proxecto: até 1 punto
- Emprego da lingua galega: 2,5 puntos
Documentación a presentar
Proxecto detallado para o que se especifica a axuda, en que se deberán xustificar:
- Título do proxecto.
- Breve descrición do proxecto.
- Obxectivos do proxecto.
- Persoas destinatarias (é preciso indicar o número e mais as características).
- Contexto social en que se desenvolve.
- Colaboradoras/es no proxecto.
- Recursos humanos, materiais e económicos con que se conta para realizar o proxecto.
- Cronograma de desenvolvemento do proxecto.
- Ferramentas de comunicación pública do proxecto.
- Medidas para a atención á diversidade e políticas de igualdade de xénero que se recollen.
- Compromiso de utilización dunha linguaxe non sexista.
- Medidas para compatibilizar o proxecto co respecto ao medio ambiente e á súa sustentabilidade.
- Orzamento pormenorizado de ingresos e gastos do proxecto ou iniciativa para a que se solicita a axuda.
- Memoria das actividades artísticas e culturais realizadas pola persoa solicitante, ou currículo desta, en que figure detallada a súa actividade ou experiencia no ámbito cultural.
- Cartas de aceptación ou invitación. Nos casos de mobilidade de obra e/ou creadoras/es, presentaranse as cartas de aceptación na residencia, institución, sala de exposicións etc. en que se queira realizar o proxecto.