BONOS PRESCO

Campaña de incentivos ao consumo no comercio e a hostalería pola que se crean diferentes bonos. O Bono 10 para comercio de proximidade por compras iguais ou superiores a 30 euros, o Bono 5 para hostalería por compras superiores a 20 euros e o Bono Cultura con descontos do 40% a partir dun gasto de 10 euros para fortalecer o consumo e a industria cultural.

PROGRAMA DE BONOS

BONO 0
COMERCIO DE PROXIMIDADE

Para comercio de proximidade por compras iguais ou superiores a 30 euros.

BONO 0
HOSTALERÍA

Para hostalería por compras superiores a 20 euros.

BONO 0 %
BONO CULTURA

Descontos do 40% a partir dun gasto de 10 euros para fortalecer o consumo e a industria cultural.

BENEFICIARIOS

COMERCIANTES

Quen pode adherirse?
Calquera empresa con establecemento permanente no termo municipal da Coruña en que a persoa titular sexa empresario/a individual ou cumpra os requisitos de microempresa* e non participe en calquera outra campaña de Bonos do Plan municipal PRESCO. 

Que teño que facer para adherirme?
1º paso: Darse de alta na web.

2º paso: descargarse a aplicación Bonos Presco para poder trocar os bonos.

CONSUMIDORES

Quen pode descargarse os bonos?
Calquera cidadán maior de 14 anos residente na Coruña que se dea de alta. Os menores de 18 non poderán trocar os bonos por compras de alcol ou tabaco.

De que importe son os bonos?
Cada consumidor recibirá un bono de 60 euros para produtos culturais, de 30 euros para comercio e de 15 para hostalería.

Os bonos caducan?
Lembra que para usares o dito bono tes dous meses dende que o descargas.

PREGUNTAS FRECUENTES

Cando un usuario quere aplicar un bono á súa compra o comerciante ten que introducir na  app o importe da compra e automaticamente apareceralle o desconto para aplicar (10 euros para compras iguais ou superiores a 30 euros en comercios, 5 euros para compras iguais ou superiores a 20 euros en hostalería, ou 40% da compra a partir de 10 euros en establecementos adheridos ao bono cultura). O usuario debe mostrar o seu bono (código  QR) e a app leo e descóntao.

En ningún caso o importe destes bonos poderá ser trocado por diñeiro efectivo. En caso de devolucións, o importe do bono poderá ser trocado por outra compra ou gasto de prezo igual ou superior, asumindo nese caso a persoa usuaria a diferenza.

A campaña finaliza o 30 de novembro de 2020.

Para a definición de  microempresas e pequenas empresas terase en conta o establecido no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, así como a definición contida no Real Decreto 1515/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade de Pequenas e Medianas Empresas e os criterios contables específicos para  microempresas. Estes criterios entenderanse cumpridos por empresas que durante dous exercicios consecutivos reúnan, á data de peche de cada un deles, polo menos dous das seguintes circunstancias:

  1. Que o total das partidas do activo non supere o millón de euros.
  2. Que o importe neto da súa cifra anual de negocios non supere os dous millóns de euros.
  3. Que o número medio de traballadores empregados durante o exercicio non sexa superior a dez.