
A Tortoise, un can, two monsters e un picnic
A tortoise, un can, two monsters e un picnic é un espectáculo interpretado por Victoria Pérez e Manu Fernández, unha sesión de contos en inglés-galego ambientada nun pícnic perfecto onde os obxectos cobrarán vida para axudar no entendemento das narracións. Narracións que van ser sinxelas pero cargadas de intención e valores como a empatía, a solidariedade, a fidelidade e o amor.