ÁNGELA TRIANA

Ángela Triana é unha humorista coruñesa que comeza a súa carreira cómica en 2015, tras dez años Facendo programas musicais e magazine na radio comunitaria Cuac FM. Ten publicado dous libros de poesía e microcontos (Celebra la Tormenta, 2014 e Al Sur de lo Real, 2018) e un conto infantil (Cómo convertirse en capitán, Asotrame, 2017). Caracterízase polos seus monólogos de humor branco, baseados en aspectos da vida cotiá relacionados coa súa propia experiencia. Ten colaborado como guionista de sketch cómico para o programa Malo Será de TVG (2019). Escribe e presenta a sección de humor “Podría ser peor” en La Ventana de A Coruña en Cadena Ser – Radio Coruña (Dende xaneiro 2019 ata actualidade). En novembro 2019 visita como cómica invitada o programa “Las que faltaban” de Movistar +. Colabora como guionista na microwebserie “Mataría”.

En “Desta sairemos mellores persoas”, Angela Triana fai o que máis lle gusta: Analizar a súa vida cotiá e sacarlle punta a todo: A maternidade, a sanidade, as relacións…en definitiva, a todo o que compón eso que chaman “Vida moderna”.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Data

09 / 10 / 2020

Hora

19:00

Localización

Praza Palacio da Ópera
Praza Palacio da Ópera
Categoría