
As músicas de Cecebre
A vizosa, pracibre Cecebre á que Eduardo Pondal se referiu é terra de músicos. A “Música de Cecebre” apareceu en 1987 acadando en 1907 o segundo premio no certame de murgas das festas de Betanzos, por detrás da murga da Coruña e diante da de Ferrol, outro fito nunha formación de prestixio que amenizou todas as festas e bailes das Mariñas initerrumpidamente até comezos da guerra civil. Recollendo este legado, a “Música de Cecebre” rexurde agora da man de novos músicos baixo a dirección de Pedro Lamas para recuperar a tradición musical dos seus avós e dar alento a unas músicas case esquecidas que conforman a base do seu repertorio.