Azougue

‘Azougue’ é o primeiro traballo discográfico de Pedro Lamas, Jacobo de Miguel e Xosé Lois Romero, un proxecto no que conflúen as traxectorias persoais destes recoñecidos artistas para conformar unha nova identidade que leva o selo de autor.

Lamas e De Miguel veñen colaborando xuntos desde hai máis dunha década pero é neste momento cando dan o paso e afrontan o seu primeiro rexistro, unha gravación ao vivo para a que contan coa colaboración de Romero nas percusións. O traballo recolle dez composicións de Lamas e De Miguel que xorden da súa colaboración ao longo destes anos e que toman como punto de partida a música tradicional.

Neste traballo Lamas interpreta os saxos soprano e barítono, a gaita, a dulzaina, a accordina, as percusións, e De Miguel o piano. O resultado é unha música que degustar pausado, dez cortes nos que o tempo se detén e nos convida a atopar o noso propio espazo nuns tempos vertixinosos.

Date

01 / 11 / 2020
Expired!

Time

13:00

Location

Praza Fábrica de Tabacos
Praza Fábrica de Tabacos
Category