
Bimaxias
Unha creación máxica, surrealista e con ilusións a “xeito individual e a dúo”. Xornais que cobran vida, cordas sorprendentes, froitas “sen frutosa”, recreacións doutra época e moito máis, xeran a trama dun acto cheo de gags, diálogos apegados ó sorriso e prestidixitacións sorprendentes. Dous ilusionistas ao vivo nun espectáculo de maxia, humor e participación do público composto para ollar outras realidades coas orellas moi abertas.