Caamaño & Ameixeiras

Caamaño-Ameixeiras irrompen coma un refacho nos escenarios. Sacan a bailar as galiñas e poñen a rexoubar violín e acordeón. Afrontan o compromiso ineludible de sacudir os corpos e os refaixos.

Adícanse a importación, exportación e creación de músicas intensas. Desde as costas atlánticas, extenden os seus brazos entrenados e polinizan as músicas do país con cores doutras latitudes.

Este dúo xúntase ao fío do 2018 para compoñer cancións con teas atopadas nas periferias. Viaxando dende as aldeas galegas ata Europa do Leste ou América Latina. Despois encanan esas teas aos arames electrónicos da música do século XXI para facer traxes de festa. Son transhumantes das agras do mundo, atraídas polo balfolk e as músicas populares continentais.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Data

24 / 10 / 2020

Hora

13:00

Localización

Praza de Azcárraga
Praza de Azcárraga
Categoría