
Comenoites
Comenoites está basado no álbum infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Unha bonita historia coa que os nenos e as nenas descubrirán o segredo de por qué existen o día e a noite.
Comenoites é un trasgo regordete que come todo tipo de noites para que o Sol poida saír cada día, traendo luz, calor e cor para todos. Unha noite a súa amiga a Lúa coméntalle que se está a poñer gordinflón e Comenoites deixa de comer. Nunca volverá a saír o Sol! Tan só unha estrela pode abrirlle novamente o apetito. Ti tes unha estrela? Volverá a saír o Sol?