
Concerto de Silvia Penide
Silvia Penide continúa presentando o seu último traballo discográfico O Efecto Boomerang, o sétimo xa na súa carreira musical. Cada actuación ten un formato e unha intención que lle dá Silvia para que sexa algo único, excepcional.
Neste caso estará acompañada do excelente guitarrista e compositor Paul Álvarez, que forma parte da banda habitual da autora galega.
Cancións que transmiten emoción grazas ás súas letras e tamén á voz tan especial dunha das artistas que é finalista nos Premios Martín Códax da música galega 2020.