Lydia Botana De aquí para alá

Contos de aquí para alá

Lydia Botana é unha música e pedagoga musical que produce diferentes proxectos didáctico musicais para público infantil e familiar.

De espírito aventureiro, viaxou polo mundo coma unha bolboreta, compartindo a súa música ou facendo obradoiros, mesturando e aprendendo diferentes culturas que plasmou nun libro-disco a modo de autobiografía chamado De aquí para alá.

A representación deste conto consiste nun espectáculo para crianzas de 3 a 10 anos de idade no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipes ás persoas que queiran vir á procura de novos sons!

Cantaremos co público o retrouso que nos levará ó seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska

De aquí para alá xa pasou por diversos lugares da xeografía galega, tamén por Barcelona, Madrid, Canarias ou Chile na versión en castelán De aquí para allá e en francés coma D´ici á lá en Francia, Senegal ou Burkina Faso.

Unha divertida aventura na que a música, os instrumentos e as cores son as protagonistas coas que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.

 

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Data

16 / 10 / 2020

Hora

18:00

Localización

Parque de Eirís
Parque de Eirís
Categoría