
Contos Tirititraum – Pablo Balseiro e Noemí Miranda
Un espectáculo que mestura a arte de contar historias coa música a xeito de rumba que sae da guitarra de Pablo Balseiro. Este contacontos Rumbero está pensado para o desfrute de toda a familia que viaxará da man destes dous artistas por un Mundo de historias xa contadas e outras de creación propia, ao igual que as cancións que os acompañan.