Cuarteto Caramuxo

O repertorio do Cuarteto Caramuxo baséase na reinterpretación da música tradicional galega, tomando como base as melodías recollidas nos cancioneiros populares galegos e algunhas composicións de autores contemporáneos de Galicia feitas expresamente para o grupo.

As claves da singularidade do Cuarteto Caramuxo residen en dous feitos fundamentais: a instrumentación e os arranxos. Catro intérpretes de clarinete, unha percusionista tradicional e un acordeonista, todos eles cunha variada formación académica que vai desde a música antiga ata a contemporánea, pasando pola música tradicional, a pedagoxía ou a musicoterapia. A mestura de todos estes elementos nuns arranxos colectivos onde cada un achega a súa propia personalidade e bagaxe musical, dan como resultado unha música fresca e orixinal que non persegue estilos nin referentes.

Xulia Feijoó, Percusión
Marcos Padrón, Acordeón
Felipe Aguell, Clarinete
Xoan Carlos Vázquez, Clarinete
Oscar Prieto, Clarinete Baixo
Fernando Abreu, Clarinete Baixo e Contrabaixo

Date

08 / 11 / 2020
Expired!

Time

13:00

Location

Exterior do Pazo da Ópera
Exterior Pazo da Ópera, A Coruña, España
Category