
Desde o invisible
Desde o invisible son relatos escénicos e situacións que viran en torno ao mundo das persoas con discapacidade intelectual. Desde o humor e un achegamento comprometido, esta obra cuestiona a medida da intelixencia e onde están os límites do normal, o politicamente correcto e o sentido da beleza. Quixemos abrir unha xanela para atrevernos a mirar o “diferente”. Pero non había xanelas que abrir, nin diferenzas que observar.