
Eu queríame casare
Comedia total que relata a historia de dous auténticos perdedores que buscan a súa última oportunidade no amor. Antón e Lola están cerca dos corenta anos e están buscando unha relación máis…menos…unha relación á que poder agarrarse como clavo ardendo antes de que pase o tren, se pase o arroz e pase…o que teña que pasar.
Coñécense nun destes programas televisivos de “cita a cegas”, a cousa non funciona, pero Antón e Lola, Lola e Antón son de todo menos predicibles e pode rematar pasando calquera cousa. Poñémonos no peor.