Feirantes

Espectáculo de narración oral para público xuvenil interpretado por Ramiro Neira.

En Feirantes mestúranse dúas épocas, dous momentos diferentes no tempo. O pasado e o presente no que atopamos un cómico condenado a viaxar no tempo, a reaparecer en calquera feira, en calquera momento, para volver a representar o seu repertorio de historias vividas ao longo das súas actuacións polas feiras galegas. Lembrando as súas andanzas, creando unha relación de necesidade con ese ser anónimo que permanece na sala: o público.

Data

25 / 09 / 2020
Eventos pasados

Hora

18:30

Localización

Praza de Lugo
Plaza de Lugo, A Coruña, España
Categoría