
Galician Horror History
Espectáculo de improvisación conducido polas irmáns Izquierdo, dúas mulleres moi inquietantes, hipnóticas e decimonónicas, que contactarán, coa axuda do público, con todo o que haxa de contactar a fin de amosar e desvelar os máis profundos misterios da Galicia máis negra e luctuosa: crimes, asasinatos, espíritus, lendas urbanas e oscuros segredos.
O público desfrutará de varios exercicios de improvisación dos que xurdirán historias únicas e irrepetibles, cargadas de humor e crítica, libres de tabúes e baseadas nas aportacións in situ dos presentes.