Kiko Pastur

Kiko Pastur, ilusionista profesional con máis de vinte anos de experiencia e premiado internacionalmente, propón un espectáculo de maxia participativa, durante preto dunha hora, que ten como eixo central o asombro, o humor e unha constante interacción cos invitados.

Un show deseñado para gardar a máxima seguridade #ante o Covid19. Obxectos que desaparecen das mans desinfectadas dos espectadores, que cambian de lugar, transformacións, predicións, adiviñar o pensamento dalgúns asistentes, etc. Todo un espectáculo de maxia que busca a comedia cómplice e a beleza do imposible, convidando o público a unha velada fascinante e memorable. En definitiva trátase dunha experiencia divertida, orixinal e sorprendente para fomentar a ilusión dos asistentes.

Date

01 / 11 / 2020
Expired!

Time

18:00

Location

Praza do Humor
Praza do Humor, A Coruña, España
Category