
Mago Marcos
O Mago Marcos presenta “Automágico”, un espectáculo con predicións, coincidencias, cambios, desaparicións de obxectos, imposibles… Todo iso acompañado con toques de humor. Un show para todos os públicos, moi participativo. Respectando sempre as medidas de seguridade, e adaptado á situación que estamos a vivir.