
Mar de fondo
Mar de Fondo é un grupo coruñés de Rock formado en 2015. Con dous discos no mercado a través do selo Rock Estatal Records defínese como un grupo que aglutina multitude de estilos pero todos ligados ao mundo do rock, xa que os seus compoñentes beben de diferentes xéneros: heavy metal, progresivo, grunge e ata mesmo música clásica.
Son coñecidos fundamentalmente nesta cidade por ser os creadores de 1906, o himno non oficial do Real Club Deportivo da Coruña.