MeRe-cidamente

Un torpe artista itinerante fai a súa pouco triunfal entrada na vila. Todo vai a peor cando o seu axudante non aparece. Erros, trunfos frustrados, material improvisado para sacar adiante o espectáculo: unha vasoira que cobra vida, un monstro no medio do público con chapuzón na auga incluido… e ó final resulta que o espectáculo non era nesa vila! Clown, malabares e equilibrios son o resultado dun espectáculo no que prima a participación e interacción co público no que este devandito personaxe terá que amañarse para sair victorioso e bulir a fume de carozo para a vila correcta.

Date

06 / 11 / 2020
Expired!

Time

19:00

Location

Praza do Ventorrillo
Category