NA CASA – Caramuxo Teatro

Unhas poucas casas poden ser unha aldea, moitas casas poden ser unha cidade. A nosa casa naceu nunha aldea que agora é unha cidade. Aí está, arrodeada doutras. É de madeira, ten xardín e dálle moito o sol. Antes non tiñamos veciños, pero pouco a pouco foron chegando Hortensia, a florista, que ten unha casa que recende moi ben; Telmo, o veciño equilibrista; Arabela, que é cantante de ópera; O señor Antón, que é un vello mariñeiro… e a nosa amiga Rita, a gata de Marcelina, que ven de visita á hora da merenda. No verán, se vai moita calor, ou no inverno se vai moito frío o mellor sitio onde estar é… na Casa!

Un espectáculo de teatro e cancións con música ao vivo.

Date

16 / 10 / 2020
Expired!

Time

18:30

More Info

Read More

Location

Praza Torrente Ballester
Praza Torrente Ballester, A Coruña, España
Category
REGISTER