Niñas de la risa

Niñas de la risa

Unha chamada a cobro revertido, a priori, non pinta ben. Ninguén chama a cobro revertido para darche unha boa nova! O máis probable é que esa chamada se faga desde a comisaría. Pero o que é seguro, é que che contarán algo que recordarás toda a túa vida! E se Triana e Sieira son as que chaman tes risa asegurada.

Niñas de la Risa é o dúo cómico formado por Diana Sieira e Ángela Triana. Xuntas levan tres anos xirando por toda Galicia co seu espectáculo de monólogos cómicos. Ángela caracterízase polos seus monólogos de humor irónico, baseados en aspectos da vida cotiá relacionados coas súas propias experiencias, e é recoñecida como a mellor monologuista de Galicia actualmente. Diana aporta frescura, moita presencia escénica e poucos pelos na lingua. Actriz profesional desde 2005, non hai escenario que se lle resista.

Date

07 / 11 / 2020
Expired!

Time

12:00

Location

Praza Padre Busto
Praza Padre Busto (Palavea)
Category