O Montacargas

Esta peza de Harold Pinter é unha imaxe rauda que está a metade de camiño entre o humor e o horror…

A historia narra a situación de dous homes (Ben e Gus) que están pechados nun cuarto, unha estancia miserablemente amoblada. Os personaxes discuten sobre noticias de prensa e equipos de fútbol. Mentres avanzan no diálogo, Pinter dános a entender que se trata de dous asasinos a soldo á espera de misteriosas ordes que unha organización ha de transmitirlles. A tensión da espera desemboca nunha conversa intrascendente. A historia avanza cando, por medio dun montacargas situado no espazo, comezan a chegarlles mensaxes e pedidos que parecen ser un xeito de comunicación de persoas que habitan na parte superior da estancia na que se atopan eles. O único que saben da súa futura vítima é que aparecerá dun momento a outro.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Data

30 / 10 / 2020

Hora

20:00

Localización

Praza de Pontevedra
Praza de Pontevedra, A Coruña, España
Categoría