O PAROLEIRO – Pablo Pablísimo

O paroleiro é moi amigo de parolar, gosta de laretear, enredar, falar e de contar. Conta sucedidos, historias e sobre todo moitos contos que leve na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos. Esta sesión de contacontos é unha colección de relatos que amosan a grande variedade e riqueza da literatura infantil e da tradición oral.

O obxectivo é dar a coñecer os contos de transmisión oral así como os contos máis contemporáneos. Neste contacontos empregaremos recursos como as sombras, monicreques, poemas numéricos, contos de nunca rematar, retahílas, brinquedos, cancións e narración oral.

Data

03 / 10 / 2020
Eventos pasados

Hora

17:00

Localización

Barrio das Flores
Barrio das Flores
Categoría