
Pa cama
Un espectáculo NON VERBAL que se desenvolve coma se fose unha coreografía de danza seguindo o fío dunha banda sonora orixinal creada en función do movemento e as emocións dos personaxes.
Dous amigos xogan antes de durmirse e descobren un mundo de aventuras que lles distrae do soño.
Un xogo leva a outro, desde unha pelota ata unhas almofadas que fan de ás para voar, sabas axitándose no aire e uns pequenos monicreques en forma de ollos que se bican.
Fundada por Carolina Ramos e Kevin Stewart, katarsis é un punto de encontro e conexión entre os mundos do teatro e da educación, comprometida a renovar e fomentar a aprendizaxe a través do teatro e con alianzas estratéxicas a nivel nacional e internacional.