
Pablo Balseiro
Pablo Balseiro embárcanos nunha viaxe musical que mistura os seus propios temas con versións en estilos tan variados como rumba, rock, guateque e ata corridos
mexicanos… Este percorrido musical tradúcese nun repertorio alegre, para acompañar cantando, para bailar, para esquecerse dos problemas e retomar o optimismo por vivir, por
celebrar as cousas bonitas da vida.
Este espectáculo, que realizou máis de 600 concertos nos últimos 5 anos, está consolidado nos circuitos de música en directo de Galicia.
Música en directo sen dilacións de ningún tipo, sen condicionamentos estéticos ou de etiquetas…Música en estado puro, entendendo esta como o feito de compartir, de poñer sobre a mesa as mellores intencións de pasalo ben.