Pardo

En 2013 comeza a súa carreira en solitario como PARDO, proxecto co que grava dous discos en inglés, até o 2015, ano no que decide comezar a escribir en castelán. Ese mesmo ano participa no programa de televisión LA Voz en Telecinco, onde forma parte do equipo de Laura Pausini. En 2016 saca ao mercado “Siento no haber sido lo esperado”, disco que lle leva a tocar por toda España e a encher o Teatro Colón na Coruña no seu fin de xira.

Néstor Pardo presenta o seu novo disco Santa Cruz producido por Mario Cobo e gravado nos estudos Desert City de Almería con Pike Cavalero como enxeñeiro de son. Dez cancións autobiográficas coas que PARDO volve ás orixes da súa música, desde o blues máis primitivo como en “Mi Fuego No Quema”, primeiro single deste novo álbum, xogando tamén con sons de americana na balada Desde Que Existimos Tú y Yo ou lembrando a clásicos como Sam Cooke ou Otis Reeding en Los Años de Tu Silencio.

Date

08 / 11 / 2020
Expired!

Time

13:00

Location

Praza de Vigo
Praza de Vigo
Category