
Pulpiño Viascón e a Musicleta
O Pulpiño Viascón e o Sr. LILI pasean na súa MUSICLETA cargada cos seus máxicos instrumentos (home orquestra, percusións, acordeón, serrucho, game boy…), animación músico-humorística na que interpretan pezas populares para o público paseante, animando aos presentes a cantar e dar uns paseos na Musicleta.
Tipo de espectáculo: Música de rúa.
Público: Familiar.