Pulsa & Vento Dúo

Pulsa o Vento xurde no ano 2015 nas aulas do Conservatorio Superior da Coruña, onde en 2016 e 2017 gañan o Premio de Música de Cámara.

Logo de multitude de concertos na cidade, en 2018 son seleccionados para participar no I Encontro/ Residencia de creadores emerxentes de Galicia celebrado no Pazo de Mariñán (A Coruña) e foron seleccionados nos Premios á Excelencia Musical de Lexus organizado por Inma Shara en Madrid.

Participaron en exposicións como “Libertas” de Olegario Sampedro, “Colores” de Beatriz Seijo e o Obradoiro de Arte de Gosia Trebac ou nas Jornadas de Música Contemporánea de Segovia no 2018, onde realizaron unha performance coa bailarina contemporánea Gabrielle Mendieta.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Data

25 / 10 / 2020

Hora

13:30

Localización

Entrada da Casa da Auga
Entrada da Casa da Auga, A Coruña, España
Categoría