
Que morro! – Caxoto
Nesta sesión para público adulto, Caxoto Contacontos fai un percorrido polas fontes da tradición oral galega, pola nosa historia, pola literatura contemporánea para achegar ao seu peculiar punto de vista da vida e da morte. Un espectáculo para pasar medo e morrer de risa, para sentir en carne propia as emocións que sempre estiveron presentes nos contos da lareira e nos contos para durmir.
Historias dos nosos devanceiros, costumes tradicionais, feitos históricos relevantes, grandes descubrimentos… en 60 minutos que pasarán como un suspiro. Un suspiro de morte…