Fin del contenido
PRESCO
  • O plan
  • As liñas
  • As axudas
    • Axudas de creación artística
    • Bonos PRESCO
    • Axudas a autónomos e micropemes
  • As cifras
  • As novas
  • Cultura
  • GAL
  • ESP
Menú Cerrar

Sandra Calderón

  1. Inicio>
  2. Events>
  3. Sandra Calderón

Sandra Calderón

  • + Add to Google Calendar
  • + iCal / Outlook export

Date

28 / 11 / 2020
Expired!

Time

20:00

Location

Durmideiras
Durmideiras
Category
MÚSICA
  • Aviso legal
  • LOPD
  • Normas de uso
  • O plan
  • As liñas
  • As axudas
    • Axudas de creación artística
    • Bonos PRESCO
    • Axudas a autónomos e micropemes
  • As cifras
  • As novas
  • Cultura
  • GAL
  • ESP

    Tipo de asesoramento que precisa
    LaboralSubvenciónsFiscalConcursalSocietarioCivilProtección de datosComercio Electrónico

    De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados pola persoa interesada pasarán a formar parte dun ficheiro cuxo responsable de tratamento será o Concello da Coruña, e cuxa finalidade e uso previsto será o seguinte: atención ás solicitudes de información realizadas por parte da cidadanía.

    Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita, número 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.

    Considéranse micropemes aquelas que cumpran cando menos dous destes requisitos:
    a) Que o total das partidas do activo non superen o millón de euros.
    b) Que o importe neto da súa cifra anual de negocios non supere os dous millóns de euros.
    c) Que o número medio de traballadores empregados durante o exercicio non sexa superior a dez.

    O Plan de reactivación económica e social da Coruña é a resposta do Concello da Coruña para facer fronte aos efectos económicos e sociais da COVID-19. Ten como obxectivo contribuír ao mantemento do tecido socioeconómico da cidade, facer fronte ás consecuencias sociais e económicas da pandemia coa maior axilidade posible, proporcionar recursos para o tecido social e económico coruñés, atender as persoas con máis dificultades e mellorar os servizos públicos municipais para facer fronte á pandemia mediante unha atención cidadá eficiente e segura.

    É unha aposta polo investimento na cidade, a creación de emprego, a solidariedade e o acompañamento a quen máis o precisa, o apoio aos sectores clave (autónomas/os, comercio, hostalería e cultura) e pola transformación dixital e a modernización tecnolóxica.

    O plan permitirá manter activo o tecido económico da cidade e protexer as persoas máis vulnerables.

     

    “Coruña Tecnolóxica” son as medidas para a modernización tecnolóxica e a transición dixital do concello para garantir a eficacia e a seguridade na atención á cidadanía.

    • Programa de protección á saúde
    • Programa de modernización tecnolóxica

    “Coruña Solidaria” é a resposta do concello para protexer as persoas máis vulnerables e acompañar as e os coruñeses a saír da crise mediante axudas a hostais e comedores escolares, axudas de emerxencia social a través de entidades sociais, incremento da contía da renda social, axudas á conciliación (programa Canguro, programa de acompañamento a persoas maiores) e bolsas de vivenda en alugueiro. Conta con 2,4 millóns de euros de investimento. 

    • Axudas a hostais e comedores escolares
    • Axudas de emerxencia social a través de entidades sociais
    • Incremento da contía da renda social
    • Incremento do programa Canguro
    • Reforzo do programa de acompañamento a persoas maiores
    • Incremento da bolsa de vivenda en alugueiro

    “Coruña Inviste” é o programa de investimento en obra pública do concello para os próximos meses no que se investirán máis de 40 millóns de euros en obra pública. Será unha peza fundamental para reactivar a economía e crear emprego. Este plan de investimentos terá un relevante impacto sobre a economía da cidade.

     

    “Coruña Activa” son as medidas do concello para reactivar a economía da cidade mediante o apoio ao mantemento da actividade económica de persoas autónomas e microempresas, incentivos ao consumo no comercio e na hostalería, reforzo da industria cultural, programa de cualificación profesional, bolsa de locais comerciais en alugueiro e programa de incentivos á contratación. Está dotado con 7,4 millóns de euros de investimento. 

     

    • Campaña de incentivos ao consumo no comercio e na hostalería (bonos e campaña de promoción)
    • Apoio ao mantemento da actividade económica de persoas autónomas e micropemes (cotas, alugueiros, xuros, contratación)
    • Axudas para adaptar e acondicionar establecementos de comercio, hostalería e servizos profesionais
    • Transformación dixital de autónomas/os e micropemes (axudas, asesoramento e formación)
    • Reforzo da industria cultural (programación de actividades, bolsas de creación artística, bono cultura)
    • Programa de cualificación profesional
    • Bolsa de locais comerciais en alugueiro
    • Programa de incentivos á contratación