
Superharte
Como conseguir evitar que o medo che paralice, cando es pequena e todos che din que non podes? A clave está en SUPERHARTE. Un espectáculo cunha mensaxe de empoderamento para as persoas adultas, os nenos e sobre todo as nenas: vencer o medo e ser capaz de facer o que che propoñas. Todo isto con moitas risas, acrobacias, bailes e o globo máis grande que poidas imaxinar.