TURMA-CAIPIRA

Turma Caipira

A paixón pola música popular brasileira é o punto de unión deste cuarteto integrado por Marga Ramos (voz), Fran Castro (piano e coros), Quique Alvarado (baixo) e Samuel Pérez (batería). O grupo ven de participar en eventos referenciais, coma o Festival Noroeste, o festival +QueJazz ou o Berlanga Pop-Tropical, e foi finalista dous anos consecutivos nos Premios Martín Códax na categoría de Músicas do Mundo.

Tras anos de investigación e afondamento en xéneros coma a bossa nova, a samba ou o baiao. Turma Caipira realizou o seu debut discográfico con Bellis Silvestris no 2018. Actualmente ofrecen un repertorio propio, interpretado en portugués, que convive no escenario con clásicos brasileiros do tropicalismo.

Date

07 / 11 / 2020
Expired!

Time

13:00

Location

Reloxo de Pulseira
Reloxo de Pulseira, A Coruña, España
Category