
Viuda Gómez
A banda de rock Viuda Gómez fará soar temas que toda unha xeración de coruñeses e coruñesas coñecen como o seu xa clásico ‘Solución suicida’.
Banda mítica do rock atlántico dos oitenta. O grupo coruñés Viuda Gómez e Hijos comezou á beira dos Dead Kennedys, difundindo punk escuro e exasperado na primeira metade da década. Rematou, a finais do decenio, facturando un brillante power pop que alcanzou a súa máxima expresión co seu álbum Completamente en 1987 e en especial con Solución suicida, esa canción que se conserva coma un clásico coruñés eterno.
Viuda Gómez e Hijos volve cunha recompilación dos seus temas de sempre, coa forza de sempre e mirando ó futuro de fronte mantendo as súas raíces.
Foto: Anita B.